Coñecendo a Paula Bonet 2021

Paula Bonet [+info]

Xoves, 6 de maio de 2021

Ás 16:15 h.

Museo das Peregrinacións
Praza das Praterías 2
[Mapa]


 

Licenciada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, completa a súa formación en Santiago de Chile, Nova York e Urbino. O seu traballo céntrase na pintura ao óleo, o gravado e a escritura. Realizou exposicións por todo o mundo, e é autora de varias publicacións, entre elas, o seu derradeiro libro La Anguila. En 2018 recibe a Medalla ao Mérito Cultural da Generalitat Valenciana. Desde entón dirixe o taller La Madriguera, un espazo de creación e aprendizaxe no que se desenvolven técnicas vinculadas co grafismo e a literatura.