Coñecendo a Ana Penyas 2021

Ana Penyas [+info]

Venres, 7 de maio de 2021

Ás 16:15 h.

Museo das Peregrinacións
Praza das Praterías 2
[Mapa]


 

Diplomada en Deseño Industrial e graduada en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia, o seu grafismo combina a transferencia fotográfica co debuxo, creando unha estética entre o documental e o expresivo. En 2018 foi galardoada co premio á autora revelación nacional no Salón do Cómic de Barcelona e co Premio Nacional de Cómic pola súa novela gráfica Estamos todas bien. Publicou diversos álbums ilustrados entre os que destacan os dedicados á memoria histórica. Acaba de presentar o seu segundo cómic, intitulado Todo bajo el sol.