Exposición «Santiago Cidade Ilustrada»

Exposición «Santiago Cidade Ilustrada»

Do xoves 10 de novembro de 2016 ao mércores 30 de novembro de 2016

Inauguración o xoves 10 de novembro, ás 13:30 h.

Fundación Gonzalo Torrente Ballester [+info]
Rúa do Vilar 9
[Mapa]


 

Santiago Cidade Ilustrada tenta mostrar a riqueza de interpretacións da cidade por artistas de tres campos de cadente actualidade: a literatura infantil e xuvenil, o caderno de viaxes e mais a historieta. Nesta mostra, Compostela une as dúas acepcións que abrangue o termo ilustración: por unha parte, a de inspiradora e modelo de imaxes gráficas, de ilustracións; por outra, a de xeradora de cultura, a de ser en si mesma, culta, ilustrada.