Exposición «Camiño Francés» do Mestre Munehiro Ikeda

Exposición «Camiño Francés» do Mestre Munehiro Ikeda

Munehiro Ikeda [+info]

Do mércores 1 de novembro de 2017 ao domingo 31 de decembro de 2017

Inauguración o venres 10 de novembro, ás 13:00 h.

Museo das Peregrinacións [+info]
Praza das Praterías 2
[Mapa]


 

Recolle unha selección da reprodución dos debuxos realizados por Munehiro Ikeda na súa obra O Camiño de Santiago en España realizado nos anos 1983-1984, cuxo exemplar orixinal forma parte da exposición temporal do Museo das Peregrinacións de Santiago. Neste extraordinario libro de viaxe mostra, de maneira pictórica, o percorrido do Camiño Francés desde Somport ata Santiago, sinalando o trazado, as cidades, vilas e pobos polos que pasa, e cunha proliferación de información sobre os aspectos importantes e menos transcendentais acompañados de comentarios de interese.