Exposición «O Camiño de Santiago debuxado» de Joaquín González Dorao

Joaquín González Dorao [+info]

Do xoves 4 de outubro de 2018 ao domingo 27 de xaneiro de 2019

Inauguración o venres 9 de novembro, ás 13:00 h.

Museo das Peregrinacións [+info]
Praza das Praterías 2
[Mapa]


 

O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao, colleu a súa mochila, meteu todo o necesario para facer o Camiño e, ademais, un caderno, acuarelas, lapis..., para comezar, como un peregrino máis, o Camiño Francés desde Roncesvalles a Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade hai 25 anos. O seu reto era crear unha obra con ilustracións e texto que recollese a vivencia dun peregrino do século XXI; o que se plasmou no libro "Guía Ilustrada do Camiño de Santiago", (El Patito Editorial, 2018). Esta mostra presenta unha selección de 25 dobres páxinas desta publicación coa vivencia nas distintos vilas e cidades polas que pasa o Camiño.