Exposición «Unha ollada natural» de Calros Silvar

Calros Silvar [+info]

Do martes 23 de outubro de 2018 ao venres 30 de novembro de 2018

Inauguración o xoves 8 de novembro, ás 13:00 h.

Galería Sargadelos [+info]
Rúa Nova 16
[Mapa]


 

A exposición "Unha ollada natural" recolle vinte e cinco cadros con obras orixinais, nas que se presentan pinceladas da biodiversidade de Galicia: aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas e árbores... Só é unha pequena escolma do traballo que leva realizando Calros Silvar dende hai máis de vinte e cinco anos para guías de natureza e outros libros da mesma temática.