Alicia Aradilla
Alicia Aradilla (Badajoz)

Licenciada en Belas Artes e Deseño Gráfico en Madrid, traballa como ilustradora e deseñadora gráfica para a marca Samsung. O pasado ano solicitou unha excedencia para cumprir o seu soño de viaxar polo mundo e recrealo coas súas acuarelas. Aínda que os seus inicios na paisaxe foron en óleo e gravado, finalmente optou pola acuarela, unha técnica coa que logra plasmar todas esas experiencias que vivía nas súas viaxes e lembralas a través da arte. Así naceron os seus cadernos, que mesturan caligrafía con sketches e que lle permitiron gozar e aprender das diferentes culturas e lugares que visitou nestes anos.


https://www.youtube.com/channel/UCnRv5MW3rjB_VDsQTEg-tsw