Ana Penyas
Ana Penyas (Valencia)

É diplomada en Deseño Industrial e graduada en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Foi seleccionada para realizar unha residencia artística en De Licerias (O Porto, 2015). Recibiu unha mención especial en Iberoamérica Ilustra 2015 e gañou o VII Catálogo Iberoamericano Ilustra en 2016. En 2017 recibiu o Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Píntega Graphic grazas ao cal publicou a súa primeira novela gráfica Estamos todas bien. En 2018 foi galardoada co premio a mellor autora revelación do Salón do Cómic de Barcelona e co Premio Nacional de Cómic.


http://www.anapenyas.es