Catalina Rodríguez
Catalina Rodríguez (Asturias)

Cando descubriu a acuarela, foi un amor a primeira vista. É a técnica que mellor reflicte as súas vivencias. Entende o debuxo como clave básica e a imaxinación e a valentía como premisas indispensables para o seu desenvolvemento artístico. Interésalle a arte, en todas as súas manifestacións, e séntese especialmente atraída pola luz e a cor. Non se despega dos seus cadernos, nos que deixa constancia do día a día.

Afirma que os cadernos de viaxe son pedras no camiño ás que sempre pode volver e que condensan todo o seu universo.


https://www.catalamitad.com/