Eduardo Baamonde
Eduardo Baamonde (Vilalba)

Debuxante infatigable que sae á rúa sempre acompañado dun caderno e unha caixiña de acuarelas, é autor e ilustrador de varios libros infantís. Como pintor leva feitas máis de sesenta mostras individuais e acadou numerosos premios e recoñecementos, sobre todo na especialidade de pintura rápida. Conta con varios cadernos de viaxe nos que os debuxos de Baamonde destacan os valores patrimoniais, paisaxísticos e culturais de Santiago, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, A Mariña de Lugo...


http://eduardobaamonde.net