Federico Granell
Federico Granell (Cangas del Narcea, Asturias)

Estudou Belas Artes en Salamanca, rematándoos en Milán cunha bolsa Sócrates, en Londres e en Roma (cunha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores). Ademais de expoñer en distintas cidades españolas, fíxoo en México, Santo Domingo, Buenos Aires, París, Roma ou Riga. Obras súas figuran en coleccións e museos (Museo de Belas Artes de Asturias, Colección Masaveu, Fundación Alvargonzález, Junta General del Principado, Diputación de Cáceres, Colección El Corte Inglés ou Colección Circa de Pilar Citoler). Ten no seu haber máis dunha decena de premios e foi seleccionado en numerosos certames nacionais e internacionais.

 


http://www.federicogranell.com/