Guridi
Guridi (Sevilla)

Guridi (Raúl Nieto Guridi), fillo dun delineante e unha pintora desde sempre tivo un lapis na man. Estudou a especialidade de Pintura na Facultade de Belas Artes de Sevilla e desde 1993 foi traballando en case todos os campos da imaxe: impresión, deseño gráfico e editorial, publicidade, arquitectura efémera...

A partir do ano 2010, a súa produción centrouse na ilustración editorial infantil, cartelería, colaboración escenográfica en teatro e danza, impartir talleres de creatividade, ademais da docencia.

Algúns dos seus libros foron traducidos a máis dunha ducia de idiomas e traballou tanto como autor como coautor.


https://www.facebook.com/GuridiRaul