Hugo Barros Costa
Hugo Barros Costa (Porto, Portugal)

Arquitecto, ilustrador e urban sketcher portugués, graduado no Porto (Portugal). Doutorouse en Expresión Gráfica en Valencia (ETSAV-UPV) e é docente na ETSAV, onde imparte materias relacionadas coa expresión gráfica. «Visiting Scholar» en American Academy of Art (Chicago); The Parsons SCE (Nova York); Università di Salerno e Università La Sapienza de Roma. Premio «Coup de Couer» ao libro de Viaxe Internacional no Rendez-vous du Carnet de Voyage (Clermont-Ferrand) pola súa primeira publicación: «NYC- diarios gráficos». Expuxo os seus debuxos en mostras individuais e colectivas en Nova York, Valencia, Madrid, Alcalá de Henares, Ferrara, Venecia, Clermont-Ferrand, Porto e Dallas. Realizou o storyboard da película We the animals, dirixida por Jeremiah Zagar e premiada no Festival de Sundance 2018. Dende 2010 debuxa acotío.


https://www.instagram.com/yolahugo/