Arquitecto e profesor de Urbanismo na Escola de Arquitectura de Sevilla. Os seus primeiros debuxos datan de 1969, cando era estudante. En 1992, co gallo dunha estadía en Italia, comezou a debuxar diarios de viaxes. Dende 2011, a partir dos seus contactos en Internet con Sketchcrawl e o movemento Urban Sketcher, a actividade do debuxo converteuse para el nun elemento central da súa vida diaria, familiar e académica que o levou a participar en numerosas xuntanzas nacionais e internacionais. Organiza as xornadas «Una semana dibujando en la calle» na Escola na que imparte docencia, que este ano celebraron a súa sétima edición. Na actualidade desenvolve o seu traballo arredor da relación do debuxo e a percepción da paisaxe.