Lapin
Lapin (París)

Debuxante profesional e Urban Sketcher residente en Barcelona, defínese como un ilustrador móbil que leva o seu caderno e o material de debuxo pola rúa, no bar, no metro..., dende Estambul ata Tokio. Bosquexar é para el unha maneira de plasmar cada instante da súa vida e sentirse vivo. Realizou máis de 170 cadernos durante os últimos 15 anos e gústalle debuxar especialmente en vellos libros de contabilidade que atopa nos mercados de segunda man. Ademais de capturar a súa vida nos seus cadernos, Lapin ensina tamén a arte de debuxar en universidades e academias. Ten publicados varios libros sobre Cuba, Xapón, Estambul, Barcelona e París.

 


http://lesillustrationsdelapin.com