Laurent Corvaisier
Laurent Corvaisier (París)

Estudou na recoñecida Escola Superior de Artes Decorativas de París, na especialidade de imaxes impresas en gravado. Ten ilustrado numerosos libros para lectores novos, e traballa tamén para prensa escrita –Libération, Le Monde, Télérama, Terres lointaines, revista Air France, Le Club med–, o cal nunca lle impediu desenvolver o seu traballo como pintor sobre lenzo, madeira, papel e outras superficies. As súas obras exhíbense decontino en Francia e en países estranxeiros.

Dende 1995 é profesor de Arte na Escola Superior de Artes Decorativas e na Escola de Artes Gráficas Corvisart, ambas en París.


https://laurentcorvaisier.wordpress.com/