Licenciada en Artes Visuais, tras finalizar os seus estudos asistiu á École Nationale Supérieure deas Arts Décoratifs en París. Alí descubriu a escenografía -a arte do espazo-, unha disciplina en perfecta sintonía co seu traballo como pintora: o diálogo entre a actividade dos corpos e o espazo.
O que máis lle interesa é captar o movemento e a luz no lugar. A acuarela é para ela o medio máis rico e sensible, porque permite pasar dunha cor intensa a unha transparencia absoluta; ademais de capturar rapidamente a luz, a cor e o movemento dun lugar ou acción.
É membro activo do colectivo Urban Sketchers París, no que participa en ambiciosos proxectos ao redor da transmisión e o ámbito social.