Documentalista, urban sketcher e ilustradora. Retoma o debuxo grazas ao urban sketching en 2013 e ao ano seguinte, xa con 50 anos, empeza a estudar ilustración. Segue aprendendo e probando técnicas sendo as que máis lle interesan: o gouache, a colaxe, o monotipo e o gravado, sobre todo en tetrabrik e en linóleo. Fai estampados a partir de ilustracións propias, e debuxo en escaparates.
Forma parte do colectivo de ilustradoras, Peste Alta, co que publicou un álbum ilustrado (A pas de zebra), e de C.I.R.C, colectivo de ilustradores de Rubí.