Amante das tipografías, e da letra en xeral, é director creativo e cofundador do Estudio Pobrelavaca dende hai máis de quince anos, onde comezou a desenvolver traballos profesionais de lettering e caligrafía para identidades visuais. Os seus traballos de caligrafía son fortes, sempre coa pretensión de plasmar ese aspecto urbano que lle outorga un signo de identidade persoal. O seu contacto coa rúa foi temperán, de aí que o seu desenvolvemento caligráfico urbano acabase por convertelo no primeiro embaixador oficial español do movemento Calligraffiti. O seu traballo puido verse en festivais de Street Art en Hamburgo, París ou Milán.