Traballou como debuxante publicitario en listines telefónicos e como pintor de azulexos, e realializou incursións no debuxo de medallas, ex libris e pintura en acuarela.
Urban Sketcher desde 2014, camiña diariamente polas rúas do Porto e a súa contorna, con centos de debuxos xa feitos. Atráelle especialmente a vida nas rúas, os detalles que ninguén nota, a arquitectura de outrora, edificios abandonados, pero tamén as paisaxes rurais, interiores antigos, o barroco...