Pilar Barral
Pilar Barral (Arzúa)

A súa paixón polo debuxo agromou no ano 2010, e dende ese momento viviu a vida dun xeito diferente, grazas á concepción da realidade como algo máis próximo e auténtico e a poder plasmala dunha forma máis creativa e enriquecedora. Forma parte do grupo de debuxo Bosquejeros de Santiago, co que coñeceu o grato que resulta debuxar con más personas.

Cada día pinta polo pracer de pintar e de descubrir a maxia que a acuarela, a súa técnica favorita, lle ofrece.

 


https://www.instagram.com/pilar.ariba/