É debuxante, ciclista incansable, médico e músico cando o viño é bo. Sempre se sentiu atraído polo cómic e a ilustración, e enche decontino cadernos de debuxo na rúa, mentres practica o sendeirismo ou viaxa. Na súa equipaxe nunca falta unha pequena caixa de acuarelas, un caderno e uns cantos pinceis.
Téñeno visto debuxando sobre esquís, nun ciclomotor, entre os bastidores dun festival de jazz ou nas ventosas rúas de Clermont-Ferrand, onde reside.
No ano 2021 publica Dordogne, da source à l'océan un caderno de viaxe polo río con debuxos e ilustracións propias.