Presentación do libro La Anguila

Presentación do libro La Anguila

Paula Bonet [+info]

Xoves, 6 de maio de 2021

Ás 19:30 h.

Museo das Peregrinacións [+info]
Praza das Praterías 2


 

Este é un libro sobre o corpo. Sobre un corpo que ama e é amado. Un corpo que tamén sofre abuso, que é violentado a través do sexo e o parto, do aborto e o sangue, da cotra. Materiais non artísticos en mans dunha pintora que escribe, dunha escritora que mira. La Anguila aborda a memoria e a herdanza, fala sobre nacementos e perdas, sobre o desexo que traspasa xeracións, os xestos aprendidos e truncados. Sobre rebelións e fuxidas, sobre a amizade e sobre Chile.