Presentación do libro Todo bajo el sol

Presentación do libro Todo bajo el sol

Ana Penyas [+info]

Venres, 7 de maio de 2021

Ás 19:30 h.

Museo das Peregrinacións [+info]
Praza das Praterías 2


 

En Todo bajo el sol, a autora sitúanos na costa levantina a principios dos anos sesenta para contarnos a historia dunha familia que sofre as devastadoras consecuencias do turismo de masas, motor principal do desenvolvemento económico en tempos de Franco. Ao longo das décadas, vemos como o auxe do neoliberalismo trunca as esperanzas e os proxectos dos membros desta familia, cuxo testemuño nos fala dunha época na que as paisaxes e a súa riqueza natural se transformaron para sempre.