Xoves, 7 de novembro de 2019

Ás 16:00 h.

Rúa do Vilar

[Mapa]



Obxectivos

Poderán optar a este premio todos os ilustradores e ilustradoras inscritos no 4 Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada

O obxectivo é debuxar Santiago dunha maneira sinxela e rápida na tarde do xoves 7 de novembro. Buscamos a esencia da cidade reflectida nunha imaxe daquilo que pasa de súpeto ante os nosos ollos, e que, precisamente por estar alí, o/a debuxante pode plasmar no seu caderno. Pode ser un detalle, unha idea, unha grande ilustración ou un bosquexo, o obxectivo é que unha única ilustración capte a temática que se propón neste concurso.

As bases no apartado información e normas.