O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man de El Patito Editorial e Miguelanxo Prado, como un salón de inverno para cadernistas na cidade de Santiago. O obxectivo que persegue este evento é traer os mellores profesionais desta arte, durante a segunda fin de semana do mes de novembro, para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos asistentes. Desde o primeiro ano conseguimos que se desprazasen á nosa cidade 200 participantes chegados cos seus cadernos, lapis e acuarelas, desde todos os recunchos da Península Ibérica.
Os movementos de debuxantes urbanos están cada día máis en auxe e as grandes cidades xa se están afacendo a ver grupos de xente na rúa retratando o que ven, porque aquí o bo non é a monumentalidade dun debuxo senón o momento que reflicte.Turismo, cultura e arte mestúranse en Compostela Ilustrada, porque estas tres pezas son as claves deste encontro, que busca descubrir e promover unha cidade diferente.
Gemma Sesar
Organizadora de Compostela Ilustrada