A vida é soño: Recursos narrativos para contar historias

A vida é soño: Recursos narrativos para contar historias

Obxectivos

Desenvolver unha visión única que nos permita buscar detalles relevantes dunha situación co obxectivo de idear unha “historia debuxada”. Estudar a composición dos nosos debuxos dende a folla en branco, estruturando distintos elementos que faciliten a lectura das imaxes. Coñecer e combinar distintos recursos narrativos para contar historias. Plasmar figuras/contorno como personaxes/escenario. Usar cor e outros elementos gráficos para lle engadir interese á composición.

Aurora Villaviejas [+info]

Lapis. Rotulador. Pluma. Acuarelas, tintas, lapis ou calquera elemento de cor. Papel adecuado para a técnica elixida, preferiblemente tamaño A4 ou A3.

Sábado, 9 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Museo das Peregrinacións [+info]
Praza das Praterías 2
[Mapa]


Descripción

Practicaremos distintos recursos narrativos que lles acheguen interese e dinamismo aos nosos debuxos e que permitan pasar do debuxo “de postal” ao desenvolvemento de “historias urbanas”. Exploraremos distintos elementos gráficos que, estruturados e combinados entre si, permitan plasmar non só unha imaxe senón tamén as nosas sensacións, ideas, fantasías ou ficcións sobre unha situación determinada.