Debuxando o Mercado

Debuxando o Mercado

Obxectivos

Aprender a captar informacións en vivo. Xogar coas liñas e as superficies, así como cos brancos do papel. A este respecto, podedes mirar as acuarelas de Paul Klee e de August Macke con ocasión das súas viaxes a Tunisia en 1914. Nestes dous artistas sempre hai unha dimensión poética e liberdade con respecto aos temas. Aprender a tomar distancia: é esencial certa distancia cos modelos. Hai un momento no que o mercado forma un todo, case é necesario esquecelo para sentirse libre. Tamén cómpre aprender a escoller, a non debuxalo todo. Cómpre, ademais, xogar coa cor, coa gama de cores.

Laurent Corvaisier [+info]

Caixa de acuarelas. Gouache e pinceis para acuarelas. Papel ou caderno de bosquexos.

Sábado, 9 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Mercado de Abastos [+info]
Rúa das Ameas s/n
[Mapa]


Descripción

Neste taller, gustaríame que as persoas participantes traballasen directamente coa cor e os pinceis. Do mesmo xeito que co branco e negro, o que me interesa son os xogos gráficos e plásticos.