Debuxando o Mercado

Debuxando o Mercado

Espazos

Na sesión, cada persoa participante debe sentirse libre para plasmar directamente sobre o papel as súas impresións, as súas anotacións debuxadas. Gustaríame que se traballase sobre a idea esencial do encadramento e a composición. Trátase principalmente dun traballo en branco e negro que relacione superficies e liñas. Trátase sobre todo da idea de traducir un conxunto de formas gráficas, de cheos e baleiros, de positivo-negativo. O branco e negro permite a construción dun espazo que pode tender á abstracción. Gustaríame sobre todo que cada debuxante gozase traballando libremente; o movemento da man é esencial. Gustaríame tamén que, na segunda metade do taller, as persoas participantes utilizasen os valores do gris e o negro. O mercado está vivo, as imaxes son múltiples: froitas, verduras, peixes, personaxes etc. Os vosos debuxos tamén deben estar vivos.

Laurent Corvaisier [+info]

Tinta negra. Pinceis para acuarelas. Papel ou caderno de debuxo.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Mercado de Abastos
Rúa das Ameas s/n


Descripción

Este taller consiste na realización dunha serie en branco e negro sobre o tema do mercado. Gustaríame que o grupo de debuxantes traballase directamente con pincel e tinta chinesa negra.