A forza expresiva do debuxo

A forza expresiva do debuxo

Obxectivos

Gústame viaxar, pero de maneira lenta, dedicar tempo a sentar a debuxar no meu caderno; apréndese moito dos sitios, da xente, dos sons…, e o recordo que che queda deles é máis intenso e persoal ca unha serie de fotos. O meu obxectivo é dar consellos para que o debuxo funcione con entidade, como recurso de composición, cor, técnica…, e conseguir darlle máis forza á nosa imaxe. Tamén coidar a foto do debuxo que fagamos para que luza o mellor posible nas redes sociais. Todo suma.

Federico Granell [+info]

Caderno, rotulador, acuarelas ou tinta chinesa. 


Sábado, 9 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Cafetería Ferradura [+info]
Rúa do Campiño da Ferradura
[Mapa]


Descripción

Debuxar en espazos interiores que nos motiven; buscar algo que nos interese para representar –pode ser un detalle, a arquitectura ou unha persoa– e darlle vida no debuxo.