Luz e cor

Luz e cor

Obxectivos

Aprender a apreciar canta luz hai no ambiente e reflectila nos nosos debuxos: pode ser brillante, colorista, apagada, difusa, gris. Usar acuarela e aprender como facer debuxos contrastados e tonais, dunha soa cor e en varias cores. Aprender sobre teoría da cor e como mesturar dende primarias as cores que queremos, incluíndo grises. Faremos exercicios de mesturar cores para conseguir varios tons dunha cor. Faremos exercicios progresivos do contraste total –dous tons– a unha gama de tons, acabando cunha gama de cor total. Ao final, escolleremos unha vista para combinar o aprendido e reflectir o ambiente de luz e cor de maneira expresiva nos nosos debuxos. Traballaremos en acuarela directamente, sen debuxo, usando máis dunha capa de cor para captar sutilezas e reforzar os escuros. Usar a color con valentía nos nosos debuxos.

Isabel Carmona [+info]

Block de acuarelas. Acuarelas- cores primarios. Pinceis de acuarela. Lápiz de cor acuarelable.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 09:00 a 12:00 h.

Lasso Cafetería do Auditorio de Galicia [+info]
Avenida Burgo de las Naciones s/n
[Mapa]


Descripción

A luz fai que vexamos, e pintándoa ao mesmo tempo ca as sombras –de feito, as sombras fan a luz–, descubriremos como os nosos debuxos vibran e brillan, e como as cores se transforman. Aprende a ver cores nas sombras para conseguir frescura nos teus debuxos.