Debuxano Ioga

Debuxano Ioga

Espazos

O obxectivo do taller é traballar en paralelo o fluír da técnica co fluír dos movementos do corpo tratando de estar no momento presente prestando a máxima atención posible. Trátase de compartir un momento pintando e centrándonos na respiración e na presenza. Poñeremos en común experiencias e procesos para poder ver canto teñen de similar as prácticas de cada unha a pesar de obter resultados tan distintos.

Catalina Rodríguez [+info]

Acuarela

Martes, 11 de agosto de 2020

De 10:00 a 11:00 h.

O Xardín de Julia
Rúa Virxe da Cerca, 20


Descripción

Neste taller de acuarelas empregaremos as posibilidades da técnica para tratar de capturar unha secuencia de ioga en directo.