Os detalles invisibles. Paulo J Mendes

Os detalles invisibles. Paulo J Mendes

Espazos

O Barrio de San Pedro é un dos máis emblemáticos da cidade e porta de entrada para os peregrinos que realizan o Camiño Francés de Santiago. A vida nestas rúas segue estando a medio camiño entre o tradicional e o moderno. Cheo de restaurantes, pequenas tendas e sendo a súa rúa principal, a Rúa de San Pedro, peonil, mantén a estética das súas casas que se foron restaurando conservando as súas características galerías e carpinterías.

Paulo J. Mendes [+info]

Caderno de bosquexos, outro para acuarela ou un apropiado para ambos; bolígrafo BIC azul; un rotulador negro resistente á auga; acuarelas ou outro material para colorear; unha cadeira portátil (para a túa comodidade).

Venres, 10 de novembro de 2023

De 09:00 a 12:00 h.

Rúa de San Pedro
Rúa de San Pedro


Descripción

Neste taller captaremos a esencia dun lugar a través dos detalles que probablemente non veriamos, non elixiriamos ou simplemente ignorariamos: coches, sinais de tráfico, letreiros, papeleiras, árbores e outros obstáculos son elementos que adoitamos evitar pero que, incorporados ás nosas composicións, achegan naturalidade e realismo ao resultado final. O obxectivo é debuxar en calquera lugar, mesmo naqueles aparentemente desprovistos de interese. Incorporar harmonicamente elementos supostamente antiestéticos ou obstructivos. Crear composicións dinámicas e naturais. Debuxar rapidamente e soltar a man. Aprender pequenos trucos para lidar con reflexos, texturas, elementos repetitivos etc.