Captar a paisaxe contrastando cores. Primeiros pasos en acuarela. Marion Rivolier

Captar a paisaxe contrastando cores. Primeiros pasos en acuarela. Marion Rivolier

Espazos

A Praza do Obradoiro é a primeira parada para visitantes e peregrinos que chegan a Compostela, xa que está presidida pola fachada barroca da Catedral flaqueada polo Palacio Arzobispal de Xelmírez e o museo catedralicio co seu claustro gótico-renacentista na parte superior. Fronte a ela, o Palacio de Raxoi, sede do Concello de Santiago. Nos laterais: o Hostal dos Reis Católicos -hoxe parador nacional e antes hospital de peregrinos; e o Colexio de San Xerome, sede do reitorado da universidade. Así pois, nesta gran praza danse cita os principais polos da capital de Galicia: a vida relixiosa, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a Administración.

Marion Rivolier [+info]

Caderno de bosquexos de acuarela en formato apaisado, mínimo A4 ou unhas follas de papel de acuarela, mínimo A3; unha caixa de acuarelas cunha paleta limitada (amarelo primario, amarelo Nápoles, laranxa, bermellón, vermello carmín, azul ftalo, azul lago ou ultramar escuro, azul índigo, verde, sombra tostada… Non negro); tres pinceis (pequeno, mediano e grande); unha cadeira portátil para a túa comodidade.

Sábado, 11 de novembro de 2023

De 09:00 a 12:00 h.

Praza do Obradoiro


Descripción

Trátase de aprender a observar, analizar, expresar e contar a túa propia historia da escena. Traballarás, directamente a pincel, sen debuxo previo, sobre un caderno de bosquexos. Explorarás as posibilidades da acuarela para compoñer, enmarcar, traballar valores e contrastes cromáticos, pintar co baleiro e aprender a elixir. Aprenderás a considerar o espazo en grandes masas de cor en lugar de liñas e contornos. Terás que escoitarte para expresar a túa esencia rapidamente pero sen présas. Non te molestarás en facer un bonito debuxo nin en obter un bonito resultado. Será cuestión de experimentar, de equivocarse e de progresar na comprensión do xesto, os valores coloreados e a profundidade do lugar.