A forza do debuxo expresivo. Federico Granell

A forza do debuxo expresivo. Federico Granell

Espazos

O Museo das Peregrinacións e de Santiago ocupa o edificio do antigo Banco de España, deseñado en 1939 polo arquitecto Romualdo Madariaga Céspedes. Atópase na Praza de Praterías, a poucos metros da fachada sur da Catedral. No seu interior, a través da súa colección permanente e exposicións temporais, amosa unha visión do nacemento e evolución da cidade de Santiago de Compostela e en especial do fenómeno da peregrinación, en canto xerador da urbe. As escaleiras da Praza das Praterías dan acceso á Praza da Quintana, onde cada ano Santo miles de peregrinos fan cola para poder acceder á Porta Santa que só se abre para esta celebración.

Federico Granell [+info]

Caderno; rotulador; acuarelas ou tinta chinesa; unha cadeira portatil (para a túa comodidade). 


Sábado, 11 de novembro de 2023

De 09:00 a 12:00 h.

Museo das Peregrinacións
Praza das Praterías 2


Descripción

O meu obxectivo é dar consellos para que o debuxo funcione con entidade, como recurso de composición, cor, técnica…, e conseguir darlle máis forza á nosa imaxe. Tamén coidar a foto do debuxo que fagamos para que luza o mellor posible nas redes sociais. Todo suma. Buscaremos un espazo interior ou exterior que nos motive; algo que nos interese para representar –pode ser un detalle, unha arquitectura ou unha persoa– e darémoslle vida no noso caderno.