Retrato de corpo enteiro, do peiteado aos zapatos. Lluïsot

 Retrato de corpo enteiro, do peiteado aos zapatos. Lluïsot

Espazos

O Hotel O Xardín de Julia sitúase na rúa Virxe da Cerca nunha casa tipicamente compostelá. No casco histórico, moitas vivendas conservan a estrutura que caracteriza a nosa paisaxe urbana, con galerías de madeira pintadas de branco na fachada e xardín na parte traseira. Este espazo ten unhas inmellorables vistas ao Parque de Belvís.

Lluïsot [+info]

Caderno tamaño din A-4; e rotulador calibrado 0’2 ou semellante; unha cadeira portátil (para a túa comodidade).

Sábado, 11 de novembro de 2023

De 09:00 a 12:00 h.

O Xardín de Julia
Rúa Virxe da Cerca, 20


Descripción

Taller para perder o medo para retratar persoas en directo. Trucos e técnicas sinxelas que che solucionarán todas as dúbidas que teñas á hora de debuxar unha persoa de corpo enteiro, desde o peiteado aos zapatos, con especial atención ás mans. Debuxaremos o escaparate ilustrado pola artistas Montsino nun comercio da zona histórica da cidade, así como a xente que pasa e a nós mesmos.