Vitamina o teu caderno! Tazab

Vitamina o teu caderno! Tazab

Espazos

O Mercado de Abastos ou a Praza, como a chaman os composteláns, é o segundo monumento máis visitado da cidade, e seguramente o primeiro en moitos aspectos, porque segue conservando: a esencia dos mercados medievais para os turistas, e o produto máis fresco para os cidadáns. Falar do Mercado é falar dunha micro cidade fortificada de 150 anos de historia, coas súas características naves de pedra triangulares que albergan postos de: peixe, carne, verduras, queixos, conservas... Ademais ao redor das edificacións sitúanse placeiros chegados de distintos puntos da xeografía galega para vender os produtos que eles mesmos cultivan.

Tazab [+info]

Caderno; acuarela; rotuladores con tinta resistente á auga; un pincel con tinta resistente á auga ; lapices de diferentes cores; unha cadeira portátil (para a túa comodidade).

Luns, 30 de novembro de -1

De 09:00 a 12:00 h.

Mercado de Abastos
Rúa das Ameas s/n


Descripción

O obxectivo é captar a atmosfera do mercado divertíndonos e tentando facer resaltar a enerxía deste espazo vital: técnicas de encadre, narración, coloreado, organización de planos, captación do movemento etc. Propoñerase unha abordaxe viva e polifacética, cuxos fíos condutores son o pracer de debuxar e o humor.