Compostela Ilustrada
O Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada nace no ano 2016 como unha cita ineludible no calendario para o público amante do debuxo urbano. En cada edición deseñamos un coidado e atractivo programa e convidamos a artistas nacionais e internacionais para que, os nosos cen participantes poidan aprender as súas técnicas.
De xoves a domingo, na segunda semana do mes de novembro, esprememos ao máximo a Compostela, porque gran parte do noso éxito é a propia cidade. Unha cidade que se abre aos cuadernistas- tras o paso do verán cargado de camiñantes e turistas-, que os atende e acolle con calma e faios sentirse protagonistas de todos os momentos.
Os composteláns xa están afeitos atoparse estes grupos en todas as esquinas do centro histórico, ver como retratan a súa casa, a súa rúa, o seu bar favorito... e comparten con eles ese momento alentándoos e valorando o seu traballo. En cada edición, miles de imaxes de Santiago cóanse nas redes sociais, con mensaxes positivas, que transmiten a través de liñas e cores unha viaxe tranquila, reflexivo, gozando de cada minuto e de cada pedra.
Esperámosvos en Compostela!!
