A súa paixón por crear, conectar e servir levouno a unha viaxe desde a arquitectura, que exerceu durante dez anos nos Estados Unidos, ata o urban sketching.
Na cidade de Roma, un desafío cos intrincados detalles das fachadas dos edificios históricos púxolle no camiño dunha nova técnica que hoxe aplica aos seus talleres: debuxar as sombras primeiro e a partir de aí empezar a completar a ilustración; desta maneira engádese liberdade e enerxía á imaxe. Viaxou por máis de trinta países, e impartiu talleres en moitos deles, animando aos seus alumnos para incorporar as súas experiencias persoais á súa arte.
