Veneciano de nacemento e trotamundos involuntario desde neno seguindo á súa familia, namórase do continente africano, co que comparte o colorido desordenado. Comeza así unha longa historia de viaxes na que alterna o traballo de deseñador gráfico co de guía turístico, unindo as súas dúas grandes paixóns no caderno de viaxe. A acuarela é a técnica que caracteriza os seus traballos, e a súa maneira de pintar está probablemente influenciada polo costume do plein air e o bosquexo do real. Traballa case sempre sobre papel seco e con pouca auga, buscando unha pincelada rápida e limpa. O que lle gusta é explorar fortes contrastes e xogos de luz, onde as sombras teñen un papel protagonista. Desde hai algúns anos, tras abandonar outros traballos, vive da súa arte, realizando cursos de acuarela entre Italia e Francia e participando nalgúns dos máis importantes festivais internacionais de cadernos de viaxe e acuarela.
