Debuxa desde que ten memoria, e moi pronto se atopou coa acuarela da que xa non logrou desprenderse. De nena víaa como un paso previo para dar o salto a outras técnicas e formatos… pero canto máis a utilizaba, máis se daba conta do moito que lle axudaba a reflectir todo o que vía e quería levar ao papel. Nunca tivo pretensións de ser artista ou pintora, gústalle definirse simplemente como debuxante. Estudou arquitectura e iso aínda fomentou máis a súa paixón polo espazo urbano, a perspectiva, construíla, deformarla…
