Durante anos traballou como deseñador gráfico, e foi aí precisamente onde descubriu o debuxo urbano, cando visitando distintos países empezou a realizar acuarelas no seu caderno dos lugares que espertaban o seu interese. Nas vacacións e tempo libre, tamén investía o seu tempo en retratar as súas experiencias axuntando as súas dúas paixóns, camiñar e debuxar, nos distintos Camiños de Santiago. Actualmente, aquela paixón converteuse na súa profesión a tempo completo. Debuxa, viaxa e imparte talleres, moitos internacionais da man do colectivo Urban Sketchers, onde foi un dos instrutores seleccionados para acudir ao último Simposio organizado no 2023 na cidade de Auckland, en Nova Zelandia.
