9ª edición
Do 5 ao 8 de novembro de 2026 Santiago de Compostela

Inma Serrano (Sevilla)

Compaxina a docencia do debuxo con diferentes proxectos como ilustradora colaborando de forma habitual en prensa e ilustrando novelas, contos, poesía e todo o que se lle pon por diante. O seu interese polo debuxo céntrase en captar a acción, a actividade da cidade e o movemento. Gústalle explicar a vida cotiá da xente e a relación dos lugares coas persoas que os habitan. Os seus diarios gráficos e cadernos de cidades viaxaron por Europa formando parte de exposicións en Italia, Francia, Portugal, Suíza, Alemaña ou Inglaterra. No campo da ilustración traballou para publicacións con diferentes editoriais como Gustavo Gili, Yacaré, Tinta Branca, Planeta ou Renacemiento. No seu labor como educadora impartiu talleres de debuxo de rúa por todo o mundo.

Traballos

Voltar a o listado