9ª edición
Do 5 ao 8 de novembro de 2026 Santiago de Compostela

Margherita Premurosa (Carate Brianza, Italia)

Malia ser unha apaixonada das formas de arte tradicionais, como a pintura e mais a escultura, a súa traxectoria profesional, tras licenciarse no Instituto Europeo de Deseño de Milán, foise orientando gradualmente cara ao mundo gráfico dixital. Neste eido desempeñou roles clave como directora artística en recoñecidos estudios de animación e videoxogos de Europa e dos Estados Unidos. A súa mestría na creación de secuencias de títulos evidénciase nunha morea de películas que levan a súa pegada; podemos salientar a súa achega á secuencia de títulos de Feud: “Bette and Joan” (2017), pola que estivo proposta para un premio Emmy. Na actualidade traballa desde o seu estudio de Milán nos campos da animación e a narrativa visual.

Traballos