9ª edición
Do 5 ao 8 de novembro de 2026 Santiago de Compostela

Pascale Lee (Taiwan)

Comezou a debuxar de forma autodidacta cando descubriu a práctica dos cadernos de viaxe. Foi así como naceu a súa paixón pola acuarela, a súa técnica por excelencia, cuxa frescura e espontaneidade reflicten o carácter que tenta infundir nos seus debuxos. Desde 2020, vive en París coa súa familia e debuxar converteuse na escusa perfecta para os seus paseos diarios, a súa forma de descubrir a súa nova cidade. Nos últimos anos, participou en varias exposicións en Francia, incluíndo Clermont-Ferrand en 2024, onde presentou «Lle Temps d’une Flânerie», un caderno de bosquexos autoeditado,froito das súas andanzas parisienses. Inspírase na observación directa do mundo que lle rodea para capturar o momento e dar vida á cor. Non busca pintar a transcrición clínica dunha escena, senón expresar e transmitir as súas impresións e emocións.

Traballos