9ª edición
Do 5 ao 8 de novembro de 2026 Santiago de Compostela

Paulo J. Mendes (Oporto)

Traballou como debuxante publicitario de listines telefónicos e como pintor de azulexos, ademais de realizar incursións no debuxo de medallas, ex libris e pintura en acuarela. Urban Sketcher desde o ano 2014, camiña diariamente polas rúas do Porto e as súas contornas, con centos de debuxos xa feitos. Atráelle especialmente a vida nas rúas, os detalles que ninguén percibe, a arquitectura de outrora, os edificios abandonados, pero tamén as paisaxes rurais, interiores antigos, o barroco…

Traballos