I Premio de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada

Cartel I Premio Compostela Ilustrada

Do 8 ao 10 de novembro

Poderán optar a este premio só os ilustradores e ilustradoras inscritos no evento.

Debuxar Santiago dunha maneira sinxela e rápida durante o Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada. Buscamos a esencia da cidade reflectida nunha imaxe daquilo que pasa de súpeto ante os nosos ollos, e que, precisamente por estar alí, o/a debuxante pode plasmar no seu caderno. Pode ser un detalle, unha idea, unha grande ilustración ou un bosquexo, o obxectivo é que unha única ilustración capte a temática que se propón neste concurso.

Descargar