Preparando Compostela Ilustrada 2019

↳ Dirección: MARU GODAS

O prazo de inscrición ábrese o día 30/06/2019. Prezo da matrícula 130 euros.

NOVIDADES:

Este ano os workshops durarán tres horas e terán marcados uns obxectivos polos profesores e profesoras invitadas. Cada participante poderá inscribir a dous, ún o venres e outro o sábado; os materiais específicos están incluídos na matrícula

Teremos un concerto ilustrado a noite do xoves; incluído no prezo de matrícula

A Tapa Ilustrada farémola todos e todas xuntas na noite do venres; incluída no prezo da matrícula

O Premio Compostela Ilustrada desenvolverase durante a tarde do xoves.

E moitas sorpresas máis...