Obradoiros con merenda

Actividades para nenos e nenas a partir de 9 anos. Prazas limitadas a 15 nenos/as por obradoiro. Realizaranse en LASSO, a cafetería do Auditorio de Galicia [mapa]. Prezo: 10€ por actividade e neno/a. Despois de cada obradoiro haberá media hora para merendar.

Venres 9

Nanda Cabaleiro | de 16:30 a 17:30 h

Mandalas de outono: Debuxos de «circulos máxicos» con elementos dos parques composteláns e cores outonais.

Ana Moreiras | de 18:00 a 19:00 h

Pintanotas: Ilustrando a natureza coas cores que escoitamos.

Sábado 10

Javier Valles | de 16:00 a 17:00 h

Origami en aire urbano: Flora e fauna do ecosistema urbano para coñecer os seres vivos da nosa cidade.

Pablo Otero | de 17:30 a 18:30 h

Mascarada/Álter ego: Unha experiencia de traballo creativo sobre o tema da máscara e o personaxe, utilizando materiais e ferramentas recicladas.