Francesc Capdevila- Max
Francesc Capdevila- Max (Barcelona)

Iniciou a súa carreira como autor de cómic a mediados dos anos 70 do século pasado. Desde entón publicou unha trintena longa de libros. O seu traballo viuse recoñecido co Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona (2000), o Premio Nacional de Cómic (2007), e, máis recentemente, o premio Finestres (2022).
Desenvolveu tamén unha carreira como ilustrador (portadas de libros e discos, prensa, libro infantil, carteis, etc.) recoñecida, entre outros, co Premio a los Mejores Libros Infantiles Ilustrados (1997), o Premio Junceda Iberia (2004) e o Premio Gráffica (2014).


http://max-elblog.blogspot.com.es/